O NOSO HORARIO
- LUNS 09:30 - 14:00 // 16:00 - 20:00
 - MARTES 09:30 - 14:00 // 16:00 - 20:00
 - MÉRCORES 09:30 - 14:00 // 16:00 - 20:00
 - XOVES 09:30 - 14:00 // 16:00 - 20:00
 - VENRES 09:30 - 14:00 // 16:00 - 20:00
 - SÁBADO 09:00 - 13:00
 - DOMINGO PECHADO
 
SERVIZOS
A NOSA FILOSOFÍA
            A nosa filosofía é ben sinxela: non só queremos que saias de aquí cun corte perfecto, queremos que cando cruces a nosa porta desconectes do ruído do mundo exterior.
            Na Carra Barbería honramos a tradición do corte e afeitado clásicos mentres abrazamos as tendencias máis actuais.
            
Aquí non só manexamos a navalla e as tesoiras, manexamos tamén a lingua de Castelao e a de Cervantes (e se nos poñemos, quizáis tamén a 
            de Shakespeare). O mesmo se tratan asuntos de Estado como se comentan os movementos do mercado do fútbol rexional, ou a xogada polémica da fin
            de semana.
            
            Pase, cabaleiro, e exerza o seu dereito á elocuencia, nós ocuparémonos de que a súa barba e o seu cabelo estean á altura dos seus argumentos.
            
            Benvido á súa casa, benvido a Carra Barbería.